skip to main | skip to sidebar

21 marzo 2010

Eu Son Galego

Son Galego, e síntome orgulloso de selo.

Xa pasaron unhas semanas da mexada fóra de testo de Rosa Díez e tiven tempo para pensar, para ler o que se dixo, e para decatarme de todas as reaccións que tivo este feito.

O pobo galego sempre tivo unhas condición de vida difíciles, pero aquí seguimos, e seguiremos. Fomos capaces de manter viva unha lingua que ficou como "lingua de lareira". De manter vivas as nosas tradicións, lendas e música. A nosa cultura permanece.

E fágome a seguinte pregunta; referíase Rosa Díez ao tópico popular de o galego como unha persoa desconfiada e con malicia, ou ía máis aló para utilizar o meu xentilicio como sinónimo de tonto (acepción xa retirada do diccionario da RAE). Nunca o saberemos, pero a min dame igual. Qué máis da; Rosa Díez equivocouse e merece toda a reprobación posible porque fixo un comentario ofensivo cara unha nación, pero a min dame o mesmo.

E dame igual porque son galego e estou orgulloso dos meus devanceiros que traballaron arreo, indo as segas lonxe da súa terra, emigrando ás Américas, a Alemania, Suiza, País Vasco, Cataluña e moitos outros sitios.

Por eso, e porque teño detrás de min moita xente que se sacrificou para que hoxe o pobo Galego poida ser quen é, dame igual o que poida decir unha persoa. Somos moito máis que eso. Somos galegos.

Un bico e unha aperta

0 comentarios: